Investigados tres boirenses polo roubo de ferramenta nunha vivenda da Pobra

BOIRO> A Garda Civil de Boiro iniciou unha investigación a tres veciños da localidade, coma presuntos autores dun roubo de ferramentas nunha vivenda da Pobra por valor duns 300 euros.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a investigación iniciouse o pasado mes de xullo, unha vez se tivo coñecemento do roubo a través da denuncia presentada no cuartel pola propia vítima.

Tralas pescudas realizadas, os axentes lograron identificar ós presuntos responsables e recuperar as ferramentas, que foran vendidas nun establecemento comercial  de compra-venda en Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí