O Concello de Sanxenxo remodelará o cemiterio de Dorrón

    cemiteriodorron_100_300107.jpgSANXENXO > O goberno local investirá máis de 480.000 euros na urbanización do novo cemiterio de Dorrón.

    O camposanto atópase totalmente ocupado polo que é preciso crear novas prazas de enterramento. A parcela permite a construcción de 336 panteóns que poderían albergar máis de 1.300 nichos.

    O proxecto pretende ademais recuperar o vial que une os dous cemiterios e facelo peonil mediante o seu adoquinado. Por outra banda, abriranse vías paralelas e integrarase o módulo de panteóns mediante un espazo aberto que percorra transversalmente o terreo. Na zona máis alta situarase unha fila de panteóns e na baixa construiranse os aseos e espazos para os contedores de lixo.

    cemiteriodorron_300_300107.jpgO saneamento enlazarase coa rede da estrada provincial e porase tamén alumeado público, electricidade, abastecemento de auga, e sinalización vertical. Finalmente a parcela pecharase ó este e sur con formigón para conte-las terras que o separan da estrada provincial e dun terreo veciño, mentres que no norte porase pedra en previsión da posible ampliación do recinto.

    Praza de Adina

    Coa urbanización da praza de Adina, o concello pretende crear unha área recreativa, un parque infantil e espazos libres, así como darlle acceso viario e aparcamento ó solar. O proxecto foille presentado recentemente á Asociación de Veciños San Miguel de Adina nunha xuntanza na que a alcaldesa lles plantexou a posibilidade de ubicar unha casa de cultura no actual local da agrupación na Xesteiriña.

    Nunha primeira fase farase a explanación dos terreos, pavimentación e dotación de servizos, ademais de axardinar e instalar mobiliario urbano. A área recreativa terá 1.200 metros cadrados e o parque infantil 260. A praza terá amplas zonas verdes con céspede e árbores e un paseo de 528 metros cadrados.

    Nova escola infantil

    Por outra banda o Concello de Sanxenxo investirá case un millón e medio de euros na urbanización e edificación dunha escola infantil que estará situada no lugar do Revel, en Vilalonga. As novas instalacións ubicaranse nunha parcela de 1.700 metros cadrados e terán unha superficie útil de 765 metros cadrados que incluirá 6 aulas para nenos de 0 a 3 anos e tódolos servizos. Ademais a gardería disporá de paneis solares, dun sistema de calefacción por solo radiante e dun cómodo acceso para os vehículos dos pais.

    Redacción Salnés