Manuel Martínez Rodiño cede ó Museo Valle-Inclán unha maqueta de Villa Eugenia

A POBRA> O Museo Valle-Inclán segue a aumentar os seus fondos grazas a unha nova doazón. Tratase dunha maqueta a escala de Villa Eugenia realizada por Manuel Martínez Rodiño. Esta mañá tiña lugar o acto de cesión no auditorio do museo.

As experimentadas mans de Manuel Martínez Rodiño fixeron posible completar a triloxía dos inmobles da Pobra nos que residiu Ramón María del Valle-Inclán xunto a súa muller Josefina Blanco.

A maqueta de Villa Eugenia foi entregada esta mañá á concelleira de cultura e ó director do museo polo propio autor que os seus 94 anos segue a elaborar con todo detalle e precisión réplicas a escala a partir de fotografías antigas.

A elaboración de  Villa Eugenia ten aínda máis mérito se cabe posto que o proceso non estivo exento de vicisitudes. A irrupción da covid motivou que Manuel tivese que traballar na casa en lugar do local que adoitaba utilizar como taller. Aínda así, o resultado, como poden ver, é espectacular.

O seu sobriño Rafale que colabora con el no proceso creativo destaca ademais o carácter perfeccionista de Manuel que aínda esta mañá revisaba a maqueta na busca dalgún detalle a mellorar. Esta nova peza quedará instalada de xeito temporal no auditorio Valle-Inclán e proximamente trasladarase ó interior do propio museo xunto coas reprOducións da Torre de Bermúdez e do pazo da Mercé.