O Club de tenis O Rial faise co campionato galego infantil

tenisorial_100_310107.jpgPONTEVEDRA > O Rial proclamouse esta fin de semana campión galego infantil. Este é o segundo ano consecutivo …

… que os arousáns conseguen o título, nesta ocasión tras vencer ó Mercantil de Pontevedra. A final foi moi rifada e tras un empate na fase de individuais houbo que disputar un partido de dobres que tivo que decidirse no tie break.

tenisorial_200_310107.jpgO Club de Tenis O Rial proclamouse por segundo ano consecutivo campión galego por equipos da categoría infantil. Nesta ocasión derrotou ó Mercantil de Pontevedra na final, que se disputou ademais nas pistas do Casino na cidade do Lérez. Foi unha final de infarto, o primeiro punto conseguiuno Javier Varela para o Pontevedra tras imporse a Manuel Prado. Empatou o Rial grazas á victoria de Carlos Tajes sobre Jorge Peña, e sumou outro punto tras gañarlle Manuel Nogueira a Iago Filgueira. Pero no cuarto partido Pablo Fernández conseguiu o empate para o Mercantil sobre Guillermo Fernánez.

O desempate decidiuse nun partido de dobres entre Javier Valera e Jorge Peña contra os arousáns Manuel Prado e Carlos Tajes. Os locais gañaron o primeiro set pos 6-2, remontaron os do Rial no segundo set por 6-2 para logo levarse o título no tie break que venceron por 7-6. Daniel Ramos levantou o trofeo do Rial, que lle conseguiu un equipo formado por xogadores do primeiro ano, salvo Manuel Nogueira. Agora teñen as miras postas no campionato nacional. Os pontevedreses estiveron campitaneados nesta final por Rafael Pazos, que tivo que conformarse coa segunda praza. Os tenistas do Mercantil quédalles agora o torneo de Alicante.

Redacción Salnés