![]()
SANXENXO > A nova concelleira do PP, Carmen Rodríguez, toma posesión no pleno da corporación…
… Na sesión quedou enriba da mesa a aprobación definitiva do desenvolvemento urbanístico de Punta Festiñanzo, logo de que fose requirido polo interventor municipal.
Carmen Rodríguez Lima é a nova cara da corporación municipal de Sanxenxo. No pleno ordinario celebrado onte á noite tomou posesión como concelleira do Partido Popular, ocupando a vacante deixada polo anterior alcalde Telmo Martín.
Foi a anécdota dunha sesión na que destacou a retirada da orde do día da aprobación definitiva do polémico desenvolvemento urbanístico de Punta Festiñanzo. Segundo explicou a alcaldesa Catalina González, horas antes recibiu do interventor un requirimento referido a este expediente urbanístico. En concreto pediulle á rexedora entre tres e catro días para estudar con máis profundidade o documento urbanístico para ter unha maior seguridade xurídica. Por iso, González Bea considerou oportuno retirar o punto do pleno.
O que si se debateu onte foi a aprobación definitiva da Axenda 2015. BNG e PSOE votaron en contra tras tachala de utópica, irreal e electoralista.
Redacción Salnés









