O Vilalonga ata á metade do plantel do ano pasado

SANXENXO> Son xa nove os renovados. Os últimos en facelo: Diego Blanco, Nelo, Fran Matos e Ramón.

Se o martes renovaban Machu e Saúl, onte facíano Adrián Malleiro, Roberto Pazos e Jesu, esta mañá outros catros xogadores asinaban o seu compromiso por unha temporada máis coa entidade celeste.

Por unha banda Ramón o xoven dianteiro de 19 anos e formado no Pontearnelas, que tan bo rendemento deu o ano pasado no treito final de temporada. Tamén se queda o polivalente Fran Matos, vilagarcián de 23 anos.

Ademais outros dous xogadores de banda renovaron o seu compromiso, casos do vilanovés Nelo e do pontevedrés Diego Blanco, este último un dos que mellor nivel deu o ano pasado no conxunto de Gabi Leis.

Deste xeito o Vilalonga sigue adiantando moito traballo, xa que ten nove xogadores atados pàra a 2011/2012.

Redacción Salnés