Os traballadores de Elnosa inician mobilizacións a vindeira semana

    comiteelnosa_100_310107.jpgPONTEVEDRA > CCOO volve á mobilización cos traballadores de Ence, nesta ocasión cos da filial de Elnosa de Lourizán…

    … O motivo é a paralización da renovación da declaración ambiental integrada por parte das administracións autonómica e local. En outubro remata o prazo e se non se despexa o asunto a planta terá que pechar.

    Os traballadores de Electroquímica del Noroeste, filial do Grupo Ence, anunciaron hoxe mobilizacións. Levan 4 meses esperando unha resposta por parte das administracións local e autonómica, que teñen paralizado a solicitude de declaración ambiental integrada á empresa. Con eles está Comisións Obreiras, sindicato con maioría no Comité de Empresa de Elnosa. Comisións advirte que ese informe negativo suporá o cese de actividade da empresa a partir de outubro e a perda dos postos de traballo, 80 directos e 150 indirectos.

    O sindicato lembra que a Xunta ten paralizado o expediente tras recibir informe negativo por parte do Concello. Unha posición que Comisións ve como unha guerra declarada ó emprego industrial. Con este apoio ós traballadores, Comisións Obreiras di responder ó apoio recibido nas eleccións sindicais da empresa, sabedor de que estará só nestas mobilizacións.

    Redacción Salnés