A Deputación investirá preto de medio millón na estrada entre Rianxo e Dodro

    RIANXO> A Deputación da Coruña destinará preto dos 450 mil euros para a mellora da estrada DP-3301 que une o concello de Rianxo, dende Isorna, con Dodro, no concello veciño de Dodro. A actuación intégrase no plan de conservación de vías provinciais correspondente ó ano que vén, no que a institución provincial acaba de aprobar unha partida de preto do millón de euros. A mellora realizarase nun tramo da estrada de preto dos cinco quilómetros e medio e incluirá o acondicionamento da capa de rodadura, xa que o firme actual presenta importantes deficiencias.