Tres simulacros para comprobar o funcionamento dos plans

    simulacroporto_100_310107.jpgVILAGARCÍA > A Autoridade Portuaria de Vilagarcía realizou esta mañá un simulacro de emerxencia con tres supostos prácticos. Durante máis de dúas horas os…

    …equipos do propio porto e doutras administracións metéronse no papel para poñer en práctica os plans de emerxencia interior, o de continxencias por contaminación e mailo de protección das instalacións portuarias.

    O primeiro dos simulacros da mañá consistiu nunha hipotética colisión entre dous barcos. O Punta Ondartxo colisionaba contra o Doctor Pintado no peirao de Ferrazo derramando 10 mil toneladas de fuel oil. Trala colisión os implicados dan aviso ó centro de control, dende onde o Capitán Marítimo, o xefe de seguridade e mailo director do peirao asumen a dirección do operativo. Como no presunto accidente hai feridos e derrame de fuel faise preciso activar dous plans: o interior do Porto e o anticontaminación.

    Trala evacuación do ferido é trasladado en helicóptero ata o peirao, no que agarda unha ambulancia que o leve ata o hospital. Por sorte neste caso non se trata máis ca dunha práctica que ten como obxectivo o adestramento do personal nas tarefas de emerxencia e salvamento. Bombeiros, Protección Civil e por suposto, personal do Porto, foron os protagonistas destas operacións especiais nas que puxeron en práctica ademais os coñecemento adquiridos noutros cursos previos para activar ademais o plan de protección das autoridades Portuarias.

    Redacción Salnés