O BNG cre que chegou o momento de cambia-lo goberno de Ribadumia

    ramonmournhobngribadumia_200_030407.jpgRIBADUMIA > O BNG de Ribadumia xa presentou ó seu candidato á alcaldía. Trátase de Ramón Mouriño, o actual voceiro municipal.

    Tras pensalo moito, Ramón Mouriño decidiu volve a encabeza-la lista do BNG. Segundo o propio candidato, a agrupación decidiu repetir o cabeza de cartel para darlle continuidade ó traballo desenvolvido nos últimos anos. ‘Un concibe a política como defensa das ideas e tamén do seu concello’, asegura Mouriño, quen engade que non ten ‘ambicións persoais’.

    Volve porque así llo pediu a agrupación e porque considera que é o momento de cambia-lo goberno de Ribadumia, ‘máis preocupado polo que pasa na Deputación que polo propio municipio’. Os nacionalistas consideran que o PP ten un proxecto esgotado e propoñen tres eixos no seu programa electoral: unha nova forma de gobernar, implantar políticas sociais e desenvolve-la economía coa promoción do emprego.

    Redacción Salnés