Boa sintonía no primeiro encontro entre o alcalde da Illa e a nova delegada da Xunta en Pontevedra

A ILLA> A posta en marcha dunha estación marítima e a creación dunha Mariña Tradicional que sirva de punto de amarre e museo flotante. Esas son as principais necesidades da Illa de Arousa que lle trasladou o alcalde insular á nova delegada da Xunta en Pontevedra. Luisa Piñeiro realizou hoxe unha visita institucional ó municipo insular. O rexedor aproveitou tamén para demanda-la melloras nas vías de titularidade autonómica.

Boa sintonía na primeira visita institucional á Illa de Arousa da nova delegada da Xunta en Pontevedra. Luisa Piñeiro quixo escoita-las necesidades do Concello e o alcalde insular aproveitou para poñerlle deberes ó goberno galego.

O rexedor demándalle á Xunta a posta en marcha dunha estación marítima para acolle-lo turismo de pasaxeiros. Reclama tamén unha Mariña Tradicional que sirva de punto de amarre e museo flotante para as embarcacións tradicionais que hai no concello, entre outras, catro galeóns.

Ademais, o socialista pediu o remate de varias actuacións pendentes no municipio, en especial en materia de estradas de titularidade autonómica.

TT

A nova delegada dixo tomar nota das necesidades do municipio insular.

TT

O encontro de hoxe foi unha primeira toma de contacto, coa exalcaldesa de Moraña estreándose aínda como delegada da Xunta en Pontevedra. O alcalde da Arousa destacou do seu perfil o feito de que veña do mundo local.

TT

A xuntanza enmárcase nunha rolda de visitas institucionais que está a face-la delegada da Xunta dende a súa toma de posesión, a pasada semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí