Novo paso para a erradicación dos vertidos incontrolados en Ribeira

    depuradoracouso_100_010207.jpgRIBEIRA > Ribeira podería contar en breve cunha planta depuradora en Couso, despois de que …

    … a corporación municipal aprobase por unanimidade no pasado pleno poñer a disposición de Augas de Galicia os terreos necesarios para a súa construción.

    A instalación dunha depuradora no polígono de Couso poría fin ó problema de vertidos existente neste recinto e, debido ó cal, varias factorías foron expedientadas recentemente.

    Ademais do tratamento dos residuos industriais a nova infraestrutura permitiría a depuración dos residuos urbanos procedentes de Ribeira, Palmeira, Castiñeiras, Carreira e Aguiño, converténdose na principal depuradora do municipio mentres que a existente na actualidade, ubicada no Touro, convertiriase nunha planta de pretratamento para a eliminación de sólidos e graxas que enviaría as augas mediante bombeo polo colector xeral ata Castiñeiras e Aguiño, onde se construirá a EDAR definitiva.

    depuradoracouso_200_010207.jpgDe momento é moi cedo para determina-las características da depuradora posto que non se comezou a redactar o proxecto aínda que a planta, que se ubicaría nunha parcela municipal dunha hectárea de extensión, podería dar servizo a unha poboación de cen mil habitantes.

    Esta actuación introduciría importantes vantaxes no sistema depurativo do concello garantindo a protección dos espazos naturais do municipio e reducindo o impacto ambiental provocado polos vertidos.

    Neste sentido, o concello ribeirés considera prioritario a conservación do entorno a nivel medioambiental polo que está disposto a seguir investindo partidas económicas en actuacións encamiñadas a esta fin.

    Augas de Galicia financiará o 100% do custe da obra, así como tamén a posterior explotación da infraestrutura. Sen embargo o concello ribeirés deberá asumi-los labores de mantemento e conservación das redes de colectores, emisarios e bombeos que conecten coa estación, pero que estean situados fóra dos terreos da planta de residuos.

    Redacción Barbanza