Avistan un grupo de candorcas no interior da Ría de Arousa

RIBEIRA> Preocupación pola presenza este domingo dun grupo de candorcas no interior da Ría de Arousa. Salvamento Marítimo coordinou un dispositivo para tratar de localizar ós animais que por primeira vez foron avistados en augas interiores moi próximas á costa de Ribeira.

A presenza de candorcas en augas galegas non é nova senón que nos últimos anos véñense reportando numerosos avistamentos destes cetáceos que, en ocasións, interactuan coas embarcacións causándolle danos. O que si é sorprendente é a súa presenza en augas interiores da ría como aconteceu este domingo co avistamento de varias candocras no litoral de Ribeira.

Xa o sábado pola tarde, un veleiro que navegaba entre O Grove e Sálvora dou aviso da presenza dos animais que embestiron a embarcación causándolle danos no timón.  Tras este incidentes avanzaron cara o interior da ría de Arousa onde foron avistadas o domingo pola mañá. varias embarcacións deron aviso a salvamento marítimo que mobilizou á Salvamar Sargadelos e á lancga de salvamento da Cruz Vermella con base en Ribeira.

Ademais de emitir os correspondentes avisos de seguridade ás embarcacións que navegaban pola ría, o avistamento das candorcas provocou a suspensión da regata Gadis que tiña previsto celebrar a segunda xornada o domingo. O Club Náutico de Ribeira adoptou esta medida preventiva para garantir a seguridade dos numerosos participantes nesta proba deportiva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí