Xestur fixa en 3’80 euros o metro cadrado dos terreos de Espiñeira

    poligonoespieira_100_010207.jpgBOIRO > O executivo confía en iniciar en marzo as obras de ampliación do polígono industrial de Espiñeira.

    O expediente de expropiación dos terreos afectados pola ampliación do polígono industrial de Espiñeira xa se atopa en período de exposición pública co fin de que os afectados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas. A empresa encargada de levar a cabo os trámites da segunda fase deste parque empresarial vén de fixar en 3’80 euros o valor do metro cadrado dos terreos.

    Dende un primeiro momento o executivo boirés tratou de chegar a un bo entendemento cos propietarios afectados e así non ter que producirse a expropiación, mesmo ofertándolles un prezo de seis euros por metro cadrado.

    Houbo persoas que aceptaron a proposta e asinaron un preacordo de cesión dos terros, pero Xestur decidiu iniciar un proceso de expropiación incluíndo toda a superficie co fin de evita-la compra das fincas con fins especulativos.

    Dende o executivo local confíase en que as obras de ampliación poidan iniciarse no vindeiro mes de marzo, dando resposta deste xeito ás numerosas empresas que levan anos agardando para poder instala-las súas naves en Boiro.

    Redacción Barbanza