Achan o corpo do mozo desaparecido na mar tras dous días de búsqueda

PORTO DO SON > Despois de case dous días de busca, finalmente apareceu o corpo do xoven mariñeiro Xosé Antonio Paulos en Punta Arnela.

Os equipos de mergulladores de Salvamento Marítimo e da Garda Civil do Mar descubrían o cadáver enredado no aparello do seu propio barco, no mesmo lugar onde onte apareceran os restos da súa embarcación.

O corpo de Xosé Antonio Paulos Suárez, mariñeiro de Porto do Son de 31 anos de idade, foi localizado ó redor da unha e media da tarde do venres, na mesma zona na que onte aparecían os restos da súa embarcación, no lugar coñecido como de Punta Arnela. Ó parecer e segundo sinalaron fontes de Salvamento Marítimo o cadáver apareceu mergullado no fondo do mar enredado co aparello do seu propio barco.

Nada máis rescatado o corpo de Xosé Antonio Paulos foi trasladado por unha embarcación de Salvamar ata o peirao de Porto do Son, desde onde foi trasladado ata o Hospital Clinico de Santiago onde se lle practicou a autopsia.

No operativo de búsqueda, que se montou nada máis saber da desaparición do xoven mariñeiro, participaron diversas embarcacións, entre elas a Salvamar Regulus de Salvamento Marítimo, dous buques de Inspección Pesqueira ou mesmo a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Noia. Tamén participaron na búsqueda mergulladores sos propios servizos de Salvamento Marítimo e da Garda Civil do Mar, que foron os que localizaron o corpo, así como tamén o helicóptero Helimer Galicia e o avión Serviola III.

Redacción Barbanza