Dúas vilagarciás en ‘La casa de tu vida’

    TELEVISIÓN > O xa ben coñecido programa La casa de tu vida que emite Telecinco conta nesta edición con dúas concursantes veciñas de Vilagarcía. Trátase de dúas coñecidas mozas da vila. Elisabeth, de 26 anos, e Mónica, de 29. Son parella dende fai 3 anos e onte entraron, martelo e casco na man, a participar nesta aventura.

    concursantescasatuvida2_300_020207.jpgAsí era o seu vídeo de presentación no programa de onte. A parella vive xunta dende fai tres anos nun ático no que conviven, dicían, en precarias condicións. Mónica Pérez, separada e de 29 anos, foi vocalista nunha orquestra durante 9 anos pero unha lesión alonxouna dos escenarios. Actualmente traballa como camareira na cafetería da súa irmá, en Vilagarcía.

    A súa compañeira, Elisabeth Gómez, solteira e de 26 anos, é, se cabe, máis coñecida aínda que a súa parella. É filla do presidente do Arosa, José Manuel Gómez, y da ex-presidenta do Extrugasa Arosana, Mariló Oriola, quen a foi defender onte ó plató do programa de Telecinco. Elísabeth é unha amante do deporte que chegou incluso a xogar na selección galega de fútbol feminino. Actualmente traballa de monitora de fitness nun ximnasio feminino tamén en Vilagarcía.

    Este é o segundo ano consecutivo no que a parella optaba a entrar no reality show estreado onte en Telecinco. Na edición da temporada pasada quedaron ás portas de entrar neste concurso no que, este ano terán que lidar con outras sete parellas entre as que se atopan unha sogra co seu xenro ou un solteiro ó que lle teñen que buscar parella. No caso delas, parella estable dende fai tres anos, era onte o día no que moitos dos seus familiares se enterarían pola televisión da súa condición sexual.

    Redacción Salnés