Salomé nega que Núñez saldara a súa débeda con Ribadumia

    salome_100_020207.jpgRIBADUMIA > O Concello de Ribadumia instalará varias áreas infantís no concello, despois de que onte o pleno aprobara o convenio coa…

    …Deputación que permitirá facer parques de xogos en Barrantes, Besomaño, Leiro e Lois. Ademais contratarase un oficial de primeira e un peón durante tres meses para adicarse a diversas labores municipais.

    Por outra banda a alcaldesa Salomé Peña aproveitou para respostar ás demandas do concelleiro nacionalista Ramón Mouriño, quen pedía á alcaldesa que demostrara se o empresario cambadés Carlos Núñez saldou a débeda do polígono de Cabanelas. O concelleiro nacionalista sospeita que Núñez aboou ó concello o seu valor sen recollelo na contabilidade municipal e que existe un documento anexo sobre a parcela do polígono. Peña asegura que no concello non hai constancia da existencia de ningún anexo e que o único que hai é unha fotocopia cuxa autenticidade está por demostrar xa que non se tivo acceso ó orixinal en ningún momento.

    Salomé afirma que non existe recibo ningún no que conste que Núñez pagara nada ó concello. Os terreos, afirmou a alcaldesa, están inscritos por acta a nome de Núñez pero nela non di nada de que pagara. O feito de asinar a adxudicación da finca nada ten que ver con que estea ou non pagada, asegurou a alcaldesa quen afirmou ademais que o concello pediu, de modo cautelar, a anotación preventiva da demanda no rexistro da propiedade.

    Redacción Salnés