CAMBADOS> Hoxe comezou en cambados un cribado intensivo a través das farmacias. Máis de 5.000 persoas de entre 40 e 64 anos están chamadas a participar nestas probas. A diferencia do outro cribado que tamén están acollendo as farmacias a nivel provincial, neste caso non está limitado o número de persoas que poden participar por día e terá un horario ampliado. Vaise prolongar ao longo de toda esta semana.
Dende esta mañá está en marcha un cribado poboacional intensivo en 4 farmacias de Cambados.
O cribado coincide co que se está levando a cabo a nivel provincial, tamén nas farmacias, aínda que con diferenzas. No caso do cambadés, non está limitado o número de persoas que poden participar cada día. Ademais, conta cun horario máis amplo, coa posibilidade de entraga-la tubaxe ata as 2 da tarde.
O cribado é de mostras de saliva. Máis de 5.000 persoas de entre 40 e 64 anos están chamadas a participar. No Concello, tamén defenden que as mostras deberan ser para unha poboación máis ampla. Ademais, insisten en que eles querías un cribado masivo con PCR.
O cribado nas farmacias vaise prolongar durante toda esta semana.