PONTEVEDRA > O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, presentou…
…en Pontevedra o proxecto da Carta de Dereitos Cidadáns de Galicia ante voceiros de máis de 30 colectivos sociais. Este documento tratará de establecer unha conexión entre a administración e cidadanía a través dos dereitos.
A carta de dereitos cidadáns de Galicia é unha iniciativa que, segundo o conselleiro da Presidencia, José Luis Méndez Romeu, se enmarca nunha política de calidade e de achegamento da administración ó cidadán. Trátase de acadar unha mellora continua nas relación que existen entre este tipo de institucións e os cidadáns. Este encontro ante representantes de máis de 30 colectivos distintos forma parte dunha serie de reunións entre Presidencia e asociacións ue ten como meta coñecer máis de cerca as demandas dos cidadáns en este sentido.
O conselleiro adiantou que a carta podería estar acbado a finales deste verán.
Redacción Salnés