O TSXG desestima unha reclamación de FCC contra Serra do Barbanza

MUROS/NOIA> A empresa pretendía que se lle aboasen facturas por valor de 2’3 millóns de euros.

O alto Tribunal decidiu atender o recurso da entidade supramunicipal e determinou coma improcedente a reclamación da maioría de facturas que a concesionaria da planta de compostaxe de Servia lle reclamaba ós concellos en base a un suposto desequilibrio económico na concesión, derivada fundamentalmente pola instalación de novos colectores de lixo. A empresa FCC pasaralle a Serra do Barbanza facturas por un importe total de 2’3 millóns de euros. Agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dálle parcialmente a razón á Mancomunidade e rebaixa sustancialmente a pretensión de FCC, deixando a débeda en tan só 34 mil euros. A actual presidenta de Serra do Barbanza, a alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso, mostrou a súa satisfacción por esta resolución, anunciando que dende a Mancomunidade se seguirá a traballar para prestar o mellor servizo á veciñanza, velando sempre polos seus intereses.