Investigan o intento de suicidio dun estudiante no IES da Illa

    acoso100_221107_001.jpgA ILLA > A policía xudicial de Cambados investiga un presunto caso de acoso escolar no instituto da ESO da Illa de Arousa, …

    … despois de que o pai dun rapaz de 15 anos de idade presentara unha denuncia na Garda Civil de Vilagarcía ó coñecerse que ó adolescente intentara suicidarse no centro educativo. Segundo fontes externas o estudiante tentou aforcarse cunha corda o pasado martes.

    Afortunadamente unha mestra chegou a tempo e interrompeu o fatídico desenlace e o rapaz foi trasladado á casa do mar de Vilagarcía para recibir asistencia médica.

    Segundo relata a denuncia interposta polo pai, todo comezou fai un mes cando se produciu un altercado entre o menor e tres compañeiros que lle propinaron picadas cun compás, o pai recrimina ó centro que non levarán ó seu fillo a un centro médico e lle fixeran os propios mestres as curas.

     Segundo puido saber Tele Salnés Barbanza, dende a APA aínda non coñecen con exactitude os feitos, proximamente levarán ó cabo unha reunión para abordar o asunto. O que si nos confirmaron foi a pelexa que fai un mes tiveron os rapaces, ante a cal se procedeu a poñer en marcha unha comisión de convivencia, propia destes casos.

    Dende a directiva do centro a negativa dos mestres e a directora foi rotunda, non quixeron realizar ningunha declaración dos feitos acontecidos o pasado martes. Un total hermetismo rodea a este caso .

    Un caso que nestes intres está a ser analizado pola consellería de educación e a policía xudicial de Cambados os cales elaborarán un informe que determinará as medidas que se porán en marcha para esclarecer o presunto suceso.

    {flowplayer}images/salnes/instituto_illa.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés