A Pobra acolle ó longo deste mes de maio as I Xornadas de Saúde e Benestar

POBRA> O contido do programa presentado esta mañá no Concello inclúe temas como a alimentación, os primeiros auxilios ou enfermidades emerxentes.

Este vindeiro venres 7 de maio, dará comezo na Pobra a primeira edición das xornadas da saúde e o benestar. A actividade está organizada pola concellería de Sanidade, en colaboración coa Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes, Anedia. As xornadas estarán dirixidas a público en xeral.

A primeira das charlas será xa este venres a cargo da farmacéutica e nutricionista Marta Sanmartín, que afondará nos beneficios dunha boa alimentación.

As seguintes charlas serán o día 14 sobre primeiros auxilios para país, o día 21 sobre o exercicio físico na diabete tipo2, para rematar o día 28 cunha ponencia sobre enfermidades emerxentes.

Tódalas xornadas desenvolveranse no auditorio do museo Valle-Inclán. A capacidade estará limitada a tan só 30 persoas debido á actual situación sanitaria, polo que cómpre reservar praza previamente no teléfono 681 17 34 84.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí