Ribeira implanta o rexistro dixital no servizo de atención cidadá

RIBEIRA> O concello de Ribeira dá un novo paso na implantación da administración electrónica. O servizo de atención cidadá dispón xa dun sistema de rexistro dixital para a presentación de solicitudes.

Facilitar os trámites ós cidadáns e reducir o uso de papel. Estes son os principais obxectivos no novo sistema de rexistro electrónico que ven de implantar o concello de Ribeira no servizo de atención cidadá. Consiste no escaneo dos documentos presentados e a recollida da sinatura dixital a través destas tablets co que o trámite queda rexistrado de inmediato.

Este novo sistema supón un paso máis cara a implantación da administración electrónica en tódolos departamentos do Concello. Para ilo, durante o mes de febreiro sairá a licitación a no va sede electrónica, máis interactiva, dinámica e mellor integrada no resto de plataformas a nivel autonómico e estatal.

Nesta sede incluirase tamén o deseño dunha aplicación para mobil que permitirá ós cidadáns solicitar citas con responsables dos distintos departamentos municipais a través dun sistema de agenda.