Vilagarcía adxudica a reparación do Parque da Coca por 316.800 euros

    parquecoca100_240308_001.jpgVILAGARCÍA > Covsa reparará o parque da Coca. A Xunta de Goberno local acordou adxudicar a esta empresa o proxecto por 316.800 euros

    … e no que a firma incluíu melloras valoradas en algo máis de 33 mil euros.

    O parque sufriu importantes danos tralas riadas de novembro de 2006 e o Concello decidiu destinar parte dos fondos do proxecto Luz Salgada para financiar estas obras, ademais da subvención concedida pola administración estatal. Entre as actuacións a desenvolver atópanse a reconstrucción da pasarela de madeira que percorre o parque, a reposición das luminarias de baliza que iluminaban os sendeiro desde o chan ou a reparación do camiño de pedra que comunica as inmediacións da Fonte da Coca co núcleo da Laxe. Ademais reconstruirase a canle de trasvase de auga ó antigo muíño, logo de que a riada arrastrase as pedras.

    O proxecto tamén prevé a reposición dos elementos deteriorados da zona infantil, das papeleiras, e dos bancos de madeira, e o arranxo da instalación eléctrica e do sistema de rego do parque. Os traballos aproveitarase para ampliar o merendeiro con máis mesas e bancadas de pedra. O prazo das obras é de dous meses e medio.

    Redacción Salnés