A Policía Local de Cambados recibe dúas motos para patrullar a vila

    CAMBADOS > A Policía Local de Cambados conta, dende hoxe, con dúas motocicletas para patrulla-la vila e chalecos antibalas para tódolos seus efectivos. Ademais, nas súas dependencias na Casa do Concello, levouse a cabo un fonda renovación, cunha posta a punto das instalacións e a renovación dos equipos informáticos, emisoras e mobiliario. Os 16 axentes municipais contan tamén dende agora con cadanseu chalecos antibalas, co obxectivo de incrementa-la súa propia seguridade. O Goberno Local entende que a gran afluencia de visitantes que recibiu Cambados este ano, como capital europea do viño, demostra a necesidade de contar cun corpo de seguridade ben equipado, algo que tamén repercute na seguridade dos veciños e visitantes. A practica totalidade das melloras leváronse a cabo a través de varias liñas de axuda. Neste caso, o concello unicamente tivo que responder con fondos propios á adquisión dos chalecos antibalas.