A asociacion veciñal A Beira do Mar reinicia as concentracións

    elisardopaz_100_070207_1.jpgA ILLA > A asociación de veciños A Beira do Mar de A Illa retomou as súas movilizacións

    para demandar unha entrevista co alcalde na busca do seu apoio para reivindicar que se lles paralicen os expedientes sancionadores en virtude á lei de costas, pola ubicación dos seus fogares.abeiradomarconcentracion_200_070207.jpg

    Arredor dunhas corenta persoas acudiron esta mañá ás portas do concello illense para reclamar unha acción do alcalde, que suspenda os expedientes sancionadores que pesan sobre as súas casas, situadas, segundo a lei de costas, en terreos non edificables. Pancartas, cacerolas, e incluso unha tenda de campaña como chamada de atención sobre a que podería se-la súa próxima vivenda foron os recursos que utilizaron os veciños na súa concentración.

    Calendario 

    Elisardo Paz, presidente da asociación veciñal, asegurou que xa teñen previsto un calendario de concentracións tanto na Illa, como en Pontevedra. Así mesmo están a realizar as xestións oportunas con outras asociacións da provincia que se atopan nunha situación similar. A finalidade é levar a cabo movilizacións conxuntas en Santiago, como medida de presión ante a Xunta.

    Redaccion Salnes