Alcalde e delegada asinan o convenio para a glorieta do centro de saúde

    mariaisabeldominguez_100_080207.jpgCATOIRA > A Consellería de Política Territorial investirá 304 mil euros nunha rotonda no acceso ó centro médico…

    … O alcalde maila delegada provincial en Pontevedra asinaron esta mañá o convenio de colaboración.

    conveniocotopcatoira_200_090207.jpgNo acceso ó centro médico de Catoira existe un cruce que dificulta a circulación e diminúe a seguridade viaria, xa que converxen diversas vías municipais cos dous ramais da estrada Pontecesures-Vilagarcía. A construcción dunha glorieta permitirá a mellora desta intersección. A actuación suporá un investimento de 304 mil euros, financiados a través dun convenio entre o Concello e a Consellería de Política Territorial.

    O acordo foi asinado hoxe en Catoira polo alcalde e pola delegada provincial en Pontevedra. Mª Isabel Domínguez indicou que esta actuación forma parte da campaña de mellora da seguridade vial que está a promover a consellería, e destacou que a construción de rotondas permite mellorar as interseccións, favorecendo a incorporación dos vehículos e reducindo a velocidade dos usuarios da estrada.

    Política Territorial financiará o proxecto de execución da construción da glorieta, que inclúe tamén obras de construción de beirarrúas, asfaltado e a creación dunha zona de aparcadoiro nos terreos adxacentes. O alcalde lembrou que esta actuación se suma a un conxunto de investimentos que a consellería está a realizar na estrada PO-548, principalmente na rúa do Concello, como a renovación de beirarrúas e a construción dunha área de estacionamento de autobuses.

    Redacción Salnés