Un reloxo moi especial marcará os tempos do concello de Vilanova

    VILANOVA> Manuel García Pardo, foi un vilanovés de nacemento, que a pesar de vivir a meirande parte da súa vida, en Madrid, nunca deixou de recordar a súa terra nin o seu idioma… agora dezanove anos despois da súa morte é o seu fillo o que deixa patente o cariño que Manuel lle tiña a súa terra coa doazón de un dos seus máis prezados bens ao concello. 

     

    Un dos máis de oitocentos reloxos que atesouraba Manuel García xa colga na parede do Salón de Plenos do concello de Vilanova. En palabras do seu alcalde un dos mellores sitios para expoñelo. 

    O seú fillo Eduardo, xunto coa súa familia estivo na vila para facer a doazón deste reloxo, perfectamente coidado e restaurado. Pequenos detalles como a súa esfera personalizada co nome do seu dono, e da vila que nunca esqueceu, fan de este aparello unha auténtica peza de coleccionista. 

    Vilanovés de nacemento e de sentimento, Manuel García Pardo non imaxinaría un mellor emprazamento para unha das pezas da súa colección, que con tanto mimo coidaba.  

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/16/peza_reloxo_vilanova_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/16/peza_reloxo_vilanova.mp4{/flowplayer}