O Xulgado confirma a titularidade municipal dos montes Vicaño e Baltar

    SANXENXO > O Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra confirmou a titularidade municipal dos montes de Vicaño e Baltar, ó desestimar a demanda interposta contra o Concello …

    … polos herdeiros de Juan Salgado Pérez, que reivindicaban a propiedade dos terreos.

    O auto xudicial, contra o que cabe recurso, considera que xa existen outras sentencias similares sobre o mesmo asunto, polo que o xuíz entende que fai inevitable a apreciación da cousa xulgada. Os antecedentes deste caso remóntanse a principios dos 60, cando se iniciou un proceso xudicial contra o Concello pola propiedade dos terreos. Este pleito foi sentenciado unha década máis tarde a favor da Administración local.

    O Concello lembra ademais que neste espazo se foron instalando importantes equipamentos municipais como o Centro de Día, o Centro de Saúde, o pavillón de deportes, o Instituto de Baltar, campos deportivos, a piscina e unha área de ocio.

     Redacción Salnés