Expobaixas inaugura a súa IV edición con descontos de ata un 70 por cento

    ernestofilgueira_100_090207.jpgPONTEVEDRA > Logo de tres anos de éxito consecutivo, Expobaixas abriu as súas portas coa intención…

    …de mellorar as cifras de visita e negocio de anteriores edicións. A finalidade da feira é a de dar saída ó excedente de xénero da tempada de inverno, nesta recta final das rebaixas. Como xa ocorrera fai un ano o pazo de congresos quedou pequeno para acoller a tódolos comerciantes que desexaban acudir á cita, e xa hai reservas de stands para 2008.expobaixas_200_090207.jpg

    Teresa Casal, concelleira de promoción económica e primeira tenente de alcalde, foi a encargada de cortar a cinta inaugural desta cuarta edición de Expobaixas. Casal estivo acompañada por Montserrat Prado; delegada provincial de comercio da Xunta de Galicia; Ernesto Filgueira, presidente do Centro Comercial Urbán, e José María Rodríguez, presidente da asociación de empresarios Aempe, todos, organizadores e patrocinadores da feira. Logo da apertura oficial iniciaron un percorrido polas instalacións, no que puideron conversar distendidamente cos expositores e interesarse polos seus productos e as súas expectativas de venta.

    Participación

    En total son 65 os comerciantes que participan nesta cuarta edición da feira. Casi unha terceira parte pertencen ó comercio local da cidade, seguido de establecementos dos arredores, como Vilagarcía, Marín, Vigo ou Sanxenxo, así coma algúns das outras provincias galegas e incluso unha firma de peletería portuguesa. Por sectores, os de maior presencia son o téxtil, deportes e zapatería, aínda que tamén poderán atopar, alimentación, fogar, confección infantil e complementos do vestir.

    A rebaixa nos precios chega nalgúns casos ó 70 por cento. Ademáis dos excelentes precios cos que se presentan os comerciantes a esta cita, a organización ampliou este ano os servicios ós visitantes, dotando á feira de servicio de bar e caixeiro. Aínda así, a novidade máis destacada é a posta en marcha da gardería, coa que se pretende facilitar as compras das familias con cativos. Expobaixas permanecerá aberto ata este domingo, de 11 da mañá a 9 da noite en horario continuado, no pazo de congresos de Pontevedra.

    Redacción Salnés