Portos apura a construción dos módulos dos futuros pantaláns de Cabo de Cruz

BOIRO> O presidente do ente autonómico e o rexedor boirense visitaban o porto de Brens, no Concello de Cee, onde se desenvolven as tarefas de fabricación destes módulos, onde comprobaron o avance dos traballos.

As obras de construción dos novos pantaláns para mexilloeiros en Cabo de Cruz marchan a bo ritmo. Ainda que a simple vista non o pareza, os traballos xa levan executándose dende hai varias semanas. Nesta primeira fase a empresa adxudicataria está a desenvolver a maior parte das obras no porto de Brens, en Cee, onde se fabrican os módulos sobre os que se asentarán posteriormente os pantaláns.

A actuación, cun orzamento de 4,7 millones de euros, virá a dar resposta a unha vella demanda do sector bateeiro da localidade, cun peso importante, e que na actualidade non contaba cunhas instalacións axeitadas para poder desenvolver en boas condicións o seu traballo.

Dende o Concello confían en que as obras, impulsadas dende Portos de Galicia, poidan estar rematadas antes dun ano.