O PSOE critica a presentación do novo mercado sen ter solicitado os terreos

    xosevicentedominguez_100_130207.jpgRIBEIRA > O PSOE ribeirés criticou a presentación do proxecto do mercado municipal por parte do executivo sen dispoñer dos terreos para a súa construción.

    O responsable dos socialistas ribeireses califica de ‘desvergoña’ a actitude do executivo local que deseñou un proxecto para ubicar o novo mercado municipal na zona portuaria sen ter consultado sequera a dispoñibilidade dos terreos. Segundo Xosé Vicente Domínguez, Portos de Galicia enterouse da intención do concello ribeirés pola prensa xa que ningún membro do executivo se puxera en contacto co ente autonómico para consultar a posibilidade de cesión da área situada fronte ó actual edificio da praza.

    Nova vía de acceso

    Os socialistas atribúen esta actuación ás présas por aprobar este proxecto antes das vindeiras eleccións, sen ter sequera en conta que a avenida do Malecón, unha das principais arterias de comunicación de Ribeira, pasaría por diante do novo mercado, creando unha barreira de tráfico entre a cidade e a nova infraestrutura.mercadoribeira_200_130207.jpg

    A solución pasaría por habilitar a vía de acceso a Ribeira entre o futuro mercado e o mar, de xeito que o novo edificio quería integrado harmonicamente no conxunto da localidade e dotado dun gran espazo de aparcadoiros, esparcemento e comodidade para os seus usuarios.

    O voceiro socialista atribúe as deficiencias que presenta o proxecto á premura con que foi elaborado e lembra ó executivo ribeirés que unha actuación tan importante debe ser estudada con tempo, para atender ó ben de tódolos cidadáns e non a intereses persoais.

    Ubicación da lonxa

    Por outra banda, Xosé Vicente Domínguez, lembra a oposición do grupo de goberno á construción da nova lonxa no porto exterior, tal e como propuxo Portos de Galicia. Sen embargo, se se procedese á reubicación da rula tal e como demandaba o Partido Popular, non quedaría espazo para acomete-lo mercado municipal na explanada portuaria.

    Redacción Barbanza