Noia recupera a Oficina Municipal de Información ó Consumidor

NOIA> Tras dous anos sen contar con ela, os noieses volverán ter á súa disposición unha oficina de consumo.

No pasado pleno, a corporación aprobaba por unanimidade a moción presentada polo grupo socialista reclamando a posta en marcha deste servizo cada vez máis necesario ante os abusos cometidos por empresas de determinados sectores.

Nestes dous anos, as consultas eran derivadas a un servizo telefónico que dende o PSdeG consideran insuficiente, especialmente para os consumidores máis vulnerables como poden ser as persoas maiores.

Agora, agardan que o goberno dea cumprimento ó acordo plenario dotando á oficina dos medios técnicos e humanos necesarios e dando publicidade á posta en marcha do servizo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí