![]()
BARBANZA> A plataforma Stop Desafiuzamentos segue a manter contactos coas diferentes forzas políticas para trasladarlles as súas necesidades.
{flowplayer}barbanza/bngbarbanzadesafiuzamentos.flv{/flowplayer}
A plataforma Stop Desafiuzamentos do Barbanza atende unha media de dous ou tres casos ó día. O incremento de familias en risco de perder a súa vivenda fai aínda máis necesario adoptar medidas encamiñadas a crear un novo marco lexislativo que garante o acceso de tódolos cidadáns a unha vivenda digna.
Unha das primeiras iniciativas presentada polo BNG para o inicio da lexislatura será a proposición non de lei instando ó goberno a modificar a lei de xeito que se garanta non só a dación en pago senón que se adopten unha serie de medidas para evitar chegar ó caso extremo do desafiuzamento.
Nos mesmos termos, a nivel local, os nacionalistas levarán unha moción a pleno en tódolos concellos da comarca na que tamén propoñen a creación dun fondo especial e unha bolsa de vivendas sociais.
Tamén pretenden establecer un debate sobre as vivendas do banco malo que, segundo os nacionalistas, deberán converterse en vivendas sociais xestionadas directamente pola Xunta de Galicia.
Redacción Barbanza









