Os maiores celebran o San Valentín a ritmo de pasodobre

    bailesanvalentingrove_100_150207.jpgO GROVE > Que o amor non coñece de idade é de todos sabido e un bo exemplo dérono os maiores do Grove, …

    … que se reuniron na Casa da Terceira Idade para celebrar, bailando, o Día dos Namorados.

    bailesanvalentingrove_200_150207.jpgOs maiores do Grove celebraron onte o seu San Valentín a ritmo de pasodobre no baile que lles organizaron as concellerías de Xuventude e Servizos Sociais. A velada iniciouse ás sete e media da tarde na Casa da Terceira Idade e de novo volveu ser un éxito con 35 parellas inscritas que acabaron sendo máis. A organización sinalou que na pista chegou a haber ata cen persoas con ou sen namorado. A música correu a cargo da firma Studio 21 Discomóvil, que lles puxo sobre todo boleros e pasodobres.

    Pero ademais de baile tamén houbo concursos e premios. O Concello premiou a Antonio Mouriño e Carmen Álvarez como a parella máis elegante do baile, mentres que Teresa Álvarez e Manuel Prieto resultou ser o matrimonio que máis tempo levaban casados. O último premio, o da parella que máis tempo aguantou bailando tivo que resolverse por medio de sorteo. Os gañadores terán como recompensa unha noite de hotel nun balneario e unha cea romántica.

    Redacción Salnés