Cambados pecha San Valentín e da comezo ó Entroido

    entroidogarderiacambados_100_160207.jpgCAMBADOS > A entrega dos premios do concurso de dedicatorias de San Valentín pon o punto e final ós actos programados con motivo desta data.

    Máis de 70 nenos de todo o concello participaron no concurso de dedicatorias de San Valentín que hoxe se puideron ler no Centro Sociocultural da Merced onde tivo lugar a entrega de trofeos. Os gañadores foron María Rodríguez Reboeiras de 10 anos e de Cambados, Lara Lores Fernández, de 7 e de Castrelo e Iván Portas Rivas de Vilariño e de 9 anos de idade. Os nenos recolleron os seus agasallos e puideron ler nos pétalos dunhas peculiares flores, as dedicatorias feitas por cada un dos seus compañeiros.

    Comeza o Entroido

    garderiacambados_300_160207.jpgPero hai que pecha-lo capítulo de San Valentín e abrir o de Entroido, que é o que toca a partir de agora. Hoxe en Cambados a festa comezou co desfile dos máis pequenos. Os nenos da gardería municipal percorreron as rúas da vila cun disfraz colectivo de galego en diferentes cores. Os nenos foron dende o centro escolar ata a praza do Concello e volveron á Pastora a bordo do Pititrén.

    Redacción Salnés