A Xunta seguirá aplicando codia de eucalipto no encoro de Caldas

    encoro100.jpgCALDAS> O presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, deu conta hoxe da campaña contra a proliferación de cianobacterias, iniciada en xullo do pasado ano.

    {flowplayer}images/salnes/tratamento_encoro_caldas.flv{/flowplayer}

    CALDAS> O presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, deu conta hoxe desta campaña contra a proliferación de cianobacterias, que se iniciou en xullo do pasado ano.

    Constatouse que houbo menos presencia de cianobacterias que en 2010 e que en ningún momento houbo toxina no encoro nin augas abaixo. Desde a Xunta apuntan que é probable que isto se debera á aplicación da codia de eucalipto, pero non descartan que influísen outros factores, como a pouca chuvia que houbo en 2011.

    Este ano queren adiantar á proliferación da cianobacteria e en marzo aplicarase de novo unha dose de inicio, 22 toneladas e media, e logo en xullo, unha de mantemento de 11 toneladas e media.

    Amais da codia de eucalipto, este ano executaranse as obras de saneamento previstas no Plan Umia. Como os colectores de Cuntis, que están pendentes do permiso de Fomento para poder licitar a obra. Menéndez tamén adiantou que se está a elaborar o anteproxecto para renovar ou facer unha nova depuradora en Cuntis, e que xa está adxudicada a potabilizadora de Caldas. O alcalde desta localidade indicou ademais que estes días se iniciarán as obras dunha nova captación de auga alternativa.

    O presidente de Augas de Galicia lembrou que os nutrientes que chegan ó encoro son o factor humano que máis inflúe nas proliferacións de cianobacteria.

    Redacción Salnés