Empeza a funcionar en Vilanova un Centro de Ocio Infantil

    gonzalofuranconmarioneta_100_160207.jpgVILANOVA > O Concello ven de poñer en marcha un centro de ocio infantil onde os pais poden deixar ós seus fillos de ata 6 anos.

    Este espazo de ocio infantil, situado no pavillón de deportes, está especialmente pensado para nenos de 3 a 6 anos. Ten capacidade para 25 – 30 nenos, abrirá de luns a venres de 4 a 8 da tarde e estará atendido por un monitor coidador. Esta tarde o alcalde de Vilanova achegouse ata o centro e non se puido resistir probar algún dos xoguetes.

    auladeociovilanova_300_160207.jpgNa aula, de 80 metros cadrados, hai todo tipo de xogos, ademais dun televisor, pupitres e libros. Todo o necesario para que os pequenos se divirtan e den renda solta á súa imaxinación.

    O espazo está dividido en varias zonas: o rincón da lectura, a zona de movemento, a de audiovisuais e a zona de de pintura e creatividade.

    De maneira puntual tamén está previsto organizar obradoiros e actividades didácticas e tódolos materiais empregados no acondicionamento do lugar así como no mobiliario están homologados. Polo momento o centro está tendo moito éxito e esta tarde foron moitos os pais que achegaron ós seus pequenos ata alí. De seguir así, o concello plantexaríase unha ampliación.

    Deste xeito o goberno local quere continua-la súa aposta por mellora-la calidade de vida dos seus veciños, neste caso cunha iniciativa dirixida ós máis novos, pero que se complementa con outras actuacións dirixidas ós maiores como é o centro de día que pretenden poñer en marcha na vila proximamente.

    Redacción Salnés