Unha multitude rende honores ao rei dos brancos na inauguración da LXXII Festa do Albariño de Cambados

CAMBADOS> Hoxe foi a primeira das cinco xornadas máis agardadas polos cambadeses e, por suposto, polos amantes do bo viño. Ao mediodía deuse o tiro de saída á septuaxésimo segunda edición da Festa do Albariño de Cambados. A inauguración foi multitudinaria. Unha afluencia de público que, de cumprirse as previsións, non fará máis que incrementarse cara a fin de semana.

O pregón de Victoria Oubiña, mariscadora cambadesa, xa o deixaba ben claro. Dende hoxe Cambados está de festa.

A coñecida como ‘A Laranxa’ marcou o inicio da septuaxésimo segunda edición da Festa do Albariño de Cambados. Fíxoo dende o balcón da casa do concello cun pregón festivo pero tamén reivindicativo.

Tralo pregón, chegou o momento do corte da cinta. As autoridades inauguraron oficialmente unha cita que xa comezara minutos antes no Paseo da Calzada.

Milleiros de persoas ocupaban xa os espazos libres entre as 42 casetas das adegas que se encargarán de que nos vindeiros 5 días ninguén pase sede en Cambados.

Se hai algo que caracteriza esta cita é a mestura que se dá entre o seu carácter festivo e o aspecto máis promocional para o sector. Sen dúbida, un escaparate que paga a pena aproveitar.

A inauguración de hoxe foi multitudinaria. Unha afluencia de público que, de cumprirse as previsións, non fará máis que incrementarse cara a fin de semana.