A lei dos 500 m non afectará ós concellos coa tramitación do PXOM avanzada

    charlajacintoparga_100_200207.jpgPOBRA > O delegado de Política Territorial na Coruña expuxo na Pobra as actuacións en materia de urbanismo que está a desenvolver o seu departamento.

    Jacinto Parga explicou ante un numeroso auditorio, que se deu cita na sede do ISM na Pobra, os proxectos que está a desenvolver a Consellería de Política Territorial para a consecución dun desenvolvemento urbanístico sostible e ordeado que repercuta nunha mellora da calidade de vida dos cidadáns.

    Ordenación do litoral

    Durante a charla tamén fixo referencia á nova lei de ordenación do litoral que non terá consecuncias sobre os concellos que teñan avanzada a tramitación do seu Plan Xeral, posto que unha vez aprobado non estarán suxeitos á revisión que plantexa esta norma.

    A medida afectará unicamente ós concellos que non teñan actualizada a súa normativa, durante un prazo de dous anos, nos cales se establecerán definitivamente as zonas afectadas pola lei dos 500 metros. O obxectivo desta lei é moderar a proliferación de construcións na zona costeira aínda que, segundo explicou o delegado provincial, só afectará ó un por cento do solo urbanizable de Galicia polo que a maior parte dos veciños non se verán prexudicados.

    Con respecto ó PXOM da Pobra, Jacinto Parga anunciou que a Consellería deberá informar da súa aprobación definitiva no prazo de tres semanas. No caso de que foran atendidos tódolos requerimentos que se lle fixeron ó concello, a proposta sairá adiante e, de non ser así, será preciso realizar novas modificacións. A intención da Consellería é recoller neste plan os intereses das distintas entidades que participaron na súa elaboración, sempre de acordo coa normativa vixente.

    Redacción Barbanza