O BNG esixe ó goberno a limpeza regular de cunetas en varias estradas

    cunetascampio_100_200207.jpgPOBRA > O BNG da Pobra do Caramiñal solicitou ó executivo local que acometa a mellora urxente da estrada que comunica o Campiño coa Mirandela e Sobral.

    O concelleiro do Bloque Nacionalista Galego da Pobra do Caramiñal, Severino Romero Davila, presentou un escrito no concello denunciando a situación de total abandono que presenta a estrada que vai dende o Campiño ata a Mirandela e Sobral, na que dende hai tempo non se realiza un mantemento regular no que se refire á limpeza das súas marxes e cunetas.

    Neste sentido, Severino Romero fai alusión ás herbas e á terra acumulada nos foxos que impiden segundo el o normal discorrer das augas, provocando serios problemas de inundacións ou malos olores ós veciños destas zonas.

    cunetascampio_200_200207.jpgO edil nacionalista sinala ademais que este problema non é exclusivo desta zona, pois existen outros lugares no concello que presentan a mesma situación, sen que o executivo local faga nada por remedialo.

    Para Severino Romero Davila estas actuacións non suporían ademais un custe elevado para as arcas municipais, xa que a limpeza das cunetas e as marxes das estradas serían realizadas pola propia Brigada de Obras Municipal.

    Redacción Barbanza