Amoriños de Bora gaña o primeiro premio do Entroido pontevedrés

    entroidopontevedra_100_200207__still_002.jpgPONTEVEDRA > O desfile de Entroido de Pontevedra foi un dos máis multitudinarios que se recordan na cidade.

    Despois de tres horas de desfile polas rúas da cidade, aínda continuaban chegando participantes ó concello. Anque o máis destacado foi a calidade dos disfraces e das comparsas, que fixo moi difícil elexir ós gañadores.

    A pesares de telo moi difícil, o xurado volveu a darlle o primeiro premio de comparsas a ‘Amoriños de Bora’, un grupo que leva anos levando o máximo galardón do Entroido Pontevedrés. O segundo premio foi para ‘Os da Caña’ de Marín e o terceiro para ‘Os Canecos’.

    Na categoría de grupos, os vencedores foron os integrantes do espectáculo ‘La India y sus maravillas’, recibindo o segundo premio para ‘Luis XIII’ e o terceiro para ‘Os Pi-rratas do Puro Lérez’. Éstes na categoría de disfraces, porque no de fachas a vencedora foi ‘Así está a Sanidade’, unha recreación da situación dos centros do Sergas.

    entroidopontevedra_300_200207.jpgNa mesma categoría de fachas, pero en parellas, gañou unha parodia baseada na historia de amor entre Julián Muñoz e Isabel Pantoja, mentres que en disfraces gañou ‘A forza de Galicia’.

    E e individuais o primeiro de fachas foi para ‘A carreira da Bella, cine histórico’, unha homenaxe ás salas da cidade xa desaparecidas, e en disfraces ‘Trasmiño recolector’. Finalmente na modalidade de fantasía só se deu o premio da categoría ‘grupos’, que foi para Colores, un espectacular despregue chegado dende Porriño con máis de dúascentas persoas animando as rúas con vestimentas de inspiración exipcia.

    Redacción Salnés