RIBEIRA> O hospital do Barbanza estrea Unidade de Rehabilitación Cardíaca. A posta en marcha deste servizo, que asistirá a unha media de corenta pacientes anuais, é posible grazas á doazón do empresario Ramiro Carregal.
Coa estrea desta unidade de rehabilitación cardíaca que esta mañá acolleu ós primeiros pacientes, o hospital do Barbanza convértese no primeiro centro comarcal de Galicia e un dos primeiros de España, en contar con este servizo. O programa de rehabilitación púxose en marcha en 2015 no hospital clínico de Santiago, estendéndose o pasado ano ó centro de saúde da estrada e agora ó Barbanza. O obxectivo é achegar ós servizos ós pacientes de xeito que aqueles que sufriran un infarto agudo de miocardio poidan beneficiarse deste programa de prevención sen necesidade de desprazarse.
A inauguración desta unidade é posible grazas á colaboración do empresario Ramiro Carregal que financiou a compra do equipamento para o Barbanza a asumiu a ampliación do ximnasio da unidade de Santiago.
Tamén destaca a implicación dos profesionais, cun equipo multidiscplinar que permite levar a cabo todo o proceso de rehabilitación. Trala alta médica despois de sufrir un infarto, ó paciente realízaselle un seguimento durante dous e tres meses por parte de enfermería, cardioloxía, rehablitación e piscoloxía clínica que deriva nun programa de exercicio físico durante varios días á semana. Tamén se inclúe o control dos factores de risco, principalmente o tabaquismo e o sedentarismo.
As cifras avalan a importancia deste programas de prevención posto que reducen nun vinte e cinco por cento a mortalidade dos pacientes.