A POBRA> Convocada a décimo novena edición das bolsas deportivas Juan Lampón. Outorgaranse seis becas a estudantes que combinen a excelencia académica cunha boa traxectoria deportiva. Ademais do IES Pobra, promotor da convocatoria, participan outros cinco centros educativos da comarca.
Hai xa 19 anos que os pais de Juan Lampón Outeiral, daquela estudante do IES Pobra que faleceu mentres participaba nunha regata, quixeron lembrar a figura do seu fillo a través desta convocatoria de bolsas que busca recoñecer os valores que conxugaba Juan como bo estudante e bo deportista.
Un exemplo que reúne á perfección estes ¡ valores é Alejandra Ríos que exerce como madriña desta edición das bolsas. A remeira pobrense ofreceu unha charla ós estudantes destacando a importancia do deporte non só a nivel físico senón tamén polos valores que implica.
Ademais dos estudantes do IES Pobra, poden optar ás bolsas, dotadas con 250 euros cada unha, os institutos Leliadoura e Número 1 de Ribeira, A Cachada, Espiñeira e Praia Barraña de Boiro e o IES Félix Muriel de Rianxo.











