Cambados leva a pleno uns orzamentos que ascenden a 10 millóns

    CAMBADOS > Cambados debaterá o xoves os seus orzamentos deste ano. As contas que presentará o goberno local ascenden a 10 millóns de euros, case un millón menos que o anterior orzamento. Entre os investimentos máis destacados nestes presupostos está a restauración da antiga fábrica de Peña ou a…

    …ampliación da gardería municipal. Os orzamentos do Concello de Cambados para este ano electoral son bastante inferiores ós que se manexaron en exercizos enteriores. En 2006 case chegaron ós 11 millóns de euros fronte ós preto de dez deste.

    Pero é que no 2005 case se dobraba esta cantidade grazas ós proxectos europeos. Nos presupostos que se debaterán o xoves, destacan partidas importantes para a restauración da factoría Peña e a súa conversión en museo e sala de exposicións. O importe previsto dentro do gasto plurianual do concello é de 230.000 euros.

    Outra partida importante vai destinada á ampliación da gardería municipal, para a que se prevén case 100.000 euros. A construcción do parque infantil na horta de Torrado, o acondicionamento da nave loxística, o campo de herba artificial do Pombal e diferentes obras de urbanización e saneamento completan o capítulo de investimentos en obras.

    Pero tamén hai varias partidas para equipamentos, como adquisición de terreos aínda por concretar, marquesinas, varredoiras e equipos para varias instalacións municipais, como o conservatorio ou o concello. 7 O PP aspira a que nesta ocasión a oposición apoie as contas, algo que parece difícil á vista das críticas dos últimos anos polo excesivo endebedamento do concello e a falla de transparencia das contas, temas que, de seguro, volverán a saír no debate deste xoves.

    Redacción Salnés