O bipartito baixa o gasto en dedicacións pese a amplialas en número

    doloresgarcia100_240807.jpgVILAGARCÍA > O Goberno bipartito proporá ó pleno unhas 4 dedicacións exclusivas máis outras tres parciais. Pero pese a ampliar o seu número…

    … o gasto para o Concello descenderá nun 20 por cento. Entre os soldos que se rebaixan está o da propia rexedora, Dolores García, que pasará a percibir 55 mil euros brutos anuais.

    A proposta que levará a pleno o goberno local de Vilagarcía inclúe dentro dos orzamentos para este ano unha sensible reducción das percepcións económicas da alcaldesa. Dolores García cobrará 55 mil euros brutos ó ano pola súa dedicación exclusiva, o que supón unha baixa de 18 mil euros con respecto ó salario que percibía a alcaldía na pasada lexislatura. Vén a ser un aforro do 25 por cento.

    A intención dos socios de goberno PSOE e BNG é ampliar o número de liberacións. Hai catro anos eran cinco, incluída a do alcalde, e neste mandato poderían ser sete en total, dúas completas e unha parcial para o BNG e dúas íntegras e tres parciais para o PSOE. Deste xeito, as dedicacións quedan só para o grupo de goberno e ademais aquí tamén se aplicará o espírito de aforro. O custe total descende en 60 mil euros, nun 20 por cento aproximadamente.

    Redacción Salnés