O delegado de Traballo destaca a formación do Obradoiro Fonte Gaiteira

    delegadotraballoencatoira_100_220207.jpgCATOIRA > O delegado provincial da Consellería de Traballo, Pedro Borrajo, animou hoxe ós empresarios a contratar

    … ás alumnas e alumnos do Obradoiro Fonte Gaiteira. Borrajo visitou as instalacións do taller de emprego, no que a Xunta investiu 840 mil euros. Un total de 44 persoas desempregadas reciben formación este exercicio no Obradoiro de Emprego Fonte Gaiteira, en Catoira. Para o seu desenvolvemento, o Concello recibiu unha achega de 840 mil euros por parte da Consellería de Traballo.

    Entre as obras que se desenvolverán a través deste obradoiro figuran unha Aula da Terra na que impartir clases sobre natureza e plantar árbores, a recuperación de ríos e regatos e rutas de sendeirismo. As instalacións de Fonte Gaiteira recibiron hoxe a visita do delegado provincial de Traballo en Pontevedra, Pedro Borrajo, que comprobou o desenvolvemento dos tres módulos que alí se desenvolven: albanelería, carpintería e xardinería. Nel participan 44 persoas desempregadas, das cales 35 son mulleres. O delegado destacou que neste taller reciben a formación en traballos que requiren a maior parte das empresas da zona, polo que animou ós empresarios a darlles emprego.

    A consellería de Traballo tamén achegou ó Concello de Catoira máis de 390 mil euros dentro do Plan de Cooperación e Plan Integral de Emprego de Galicia para a contratación de persoas desempregadas.

    Redacción Salnés