A Xunta aproba o proxecto de urbanización do polígono de Baión

    futuropoligonobaion_100_220207.jpgVILANOVA > O Consello da Xunta aprobou hoxe o Proxecto Sectorial e o Proxecto de Urbanización do Parque Empresarial

    … Vilanova de Arousa I. A actuación desenvolverase sobre unha superficie de 276 mil metros cadrados cun investimento total de 11,3 millóns de euros.

    Política Territorial levou hoxe ó Consello da Xunta os proxectos Sectorial e de Urbanización para o polígono Vilanova I, situado no Monte da Chan, en Baión. A área industrial dividirase en dúas áreas: a norte, caracterizada por un uso terciario e parcelas de menor tamaño, e a sur, caracterizada por un uso maioritariamente industrial e a distribución en parcelas de maior tamaño. Ademais, proponse a concentración das zonas verdes e equipamentos na zona norte do futuro polígono, integrando a carballeira xa existente neste monte.

    O Parque Empresarial Vilanova I é promovido pola sociedade Suelo Empresarial do Atlántico, na que a Consellería de Vivenda e Solo participa nun 15%. A zona da actuación sitúase no denominado Monte Chan lindando co Pazo de Baión, o Pazo Cabido e próximo ó Castro de San Xoán. A superficie total ascende a 276 mil metros cadrados.

    Redacción Salnés