Tres padroneses compiten na maratón solidaria do Sahara esta semana

maratonsahara1_100_220207.jpgPADRON > Padrón estará presente no Sahara. Os culpables son tres mozos da vila, que participarán na séptima edición do maratón

…solidario. A finalidade desta carreira é a concienciaación e a movilización internacional ante este conflicto. Cos fondos recadados finalizarase a construcción dun polideportivo e iuniciarase un proxecto de reciclaxe. Roberto, Paco e Alberto. Son os nomes dos atletas do equipo Sar-Gexpa de Padrón que hoxe mesmo partiron cara Tinduf. Son os únicos galegos de entre os 143 españois que participarán durante esta vindeira semana na séptima edición do maratón do Sahara.

A proba é un intento por sensibilizar a occidente da situación de precariedade na que se atopan os refuxiados saharahuis no doserto logo de maís de 30 anos de conflcto con Marrocos. Os mozos pagaron una cota de inscrición de case 900 euros ó que hai que sumarlle o avión Santiago-Madrid, de onde partirán co resto da delegación española cara o Sahara. Contan dende o primeiro momento co apio do seu club e a Dirección xeral para o deporte da Xunta, quen lle garantizou unha subvención para cubriren os gastos da viaxe.

Ilusión

Aínda así marchan coa ilusión de estara vivir unha experiencia única, e son conscientes de que o que vexan alí cambiará a súa forma de ve-lo mundo en diante. Os tres queren agradecer a todo o pobo o apoio que lles demostraron nestes días previos e os quilos de axuda que lles envían ós refuxiadosa través deles. Saben que ademáis da axudar a financiar o polideportivo que se contruirá cos cartos das súas inscripcións, convertiranse ó seu regreso nuns embaixadores de excepción sobre a difícil situación na que viven os saharauis. O dia seguinte do seu regreso, previsto para o vindeiro venres, voltarán a correr no circuito galego. Unha desas historias de solidaridade e tesón. Noraboa por adiantado.

Redacción Salnés