SALNÉS > O Extrugasa precisa da victoria para non ver perigar a súa presencia nos playoff polo título. O Inelga pola súa banda desplazarase a xogar a Ponferrada para tentar darlle continuidade a súa xeira postiva de resultados.
Fontecarmoa acollerá mañá a partires das 19:30 un partido que pode marcar boa parte das aspiracións do Extrugasa este ano. O Extremadura Dato visita Vilagarcía, un equipo que pasouse todo a temporada sumido nos postos baixos da táboa aínda que ven de gañar na última xornada e na casa a un complicado rival como é o Olesa Español.
Isaac Fernández non quere sorpresas e xogará coas mellores para tentar buscar unha victoria que lles daría certa tranquilidade de cara a busca-lo seu pase ó playoff polo título. Polas visitantes haberá que ter en conta a Kelly Da Silva, unha das mellores anotadoras de toda a Liga Feminina que promedia máis de 15 puntos por partido e a cuarta mellor reboteadora con case nove capturas de media por encontro.
Unha das claves voltará a ser por tanto o rebote, un dos debes das vilagarciáns, apartado no que son o peor conxunto da competición.
Por outra banda, en Liga EBA o Inelga enfróntase tamén mañá a partires das sete da tarde ó Cidade de Ponferrada, equipo ó que xa gañaron na ida por seis de diferencia. Seis partidos lle quedan ós de Juan Espiñeira para tentar facer a machada e meterse neses tres primeiros postos que lle dan dereito a xogar polo ascenso. Complicado o terán porque iso suporía gañar tódolos encontros que restan; pero despois de ter vencido nos últimos oito de maneira consecutiva, calquera cousa é posible. O rival, inmerso na zona baixa da táboa, non porá as cousas sinxelas.
Unha división por debaixo, destacar o encontro o Establecimientos Otero ha de xogar fóra da casa ante o Celtas, tamén mañá e ás 18:30.
Redacción Salnés